Gallegocastellano
Lugares interesantes onde ir

Onde ir

Situado en pleno corazón das serras orientais de Galiza e enmarcado nunhas inmellorábeis paraxes de montaña, o carácter montañoso constitúe o principal atractivo turístico do concello. A disposición de interesantes espazos naturais (contando con áreas protexidas) posibilita o turismo ecolóxico e de montaña. Así pois, o concello conta con amplas zonas para gozar do ambiente, así como posibilidades para a práctica da caza e a pesca, rutas de sendeirismo, áreas recreativas, etc.

Mención especial merece tamén a riqueza etnográfica da zona, destacando construcións típicas rurais como os hórreos de planta cadrada e as pallozas; restos de antigos mazos ou de fornos de fundición férrea.

En canto ao patrimonio arquitectónico, consérvanse no concello algunhas igrexas e capelas de interés artístico, así coma restos de arquitectura civil (casas nobres, restos dunha antiga fortaleza...).

O noso concello conta con grande número de vestixios da época pre e protohistórica: mámoas, castros e minas romanas, que dotan á zona dunha considerábel riqueza arqueolóxica.

Destaca tamén o paso pola Fonsagrada do Camiño Primitivo, antiga ruta de peregrinación a Santiago de Compostela e actualmente en fase de recuperación. Constitúe un itinerario natural e paisaxístico de grande interese e beleza.



PRINCIPAIS ATRACTIVOS TURÍSTICOS DO CONCELLO:

RECURSOS NATURAIS

  • As Seimeiras de Queixoiro

  • A Seimeira de Vilagocende

  • Numerosas fervenzas.

  • Os Teixos milenarios de Carballido

  • A Fraga de Carballido (fraga autóctona protexida)

  • A Fraga de San Xes Logares

  • O Carballal das Veigas (fraga autóctona de carballos) en Allonca

  • Encoro de Salime, compartido cos concellos de Negueira de Muñiz e San Antolín de Ibias.

  • Alto de Pedras Apañadas (1200 m. ) no Acebo

  • Alto do Muradal (1111 m.)

  • Serra do Hospital de Montouto (1102 m.)



RECURSOS ARQUEOLÓXICOS

Monumentos megalíticos: Cen Mámoas sendo visibles varios dólmenes algúns en bó estado de conservación.

84 asentamentos castrexos distribuídos por todo o concello, o que demostra o asentamento dende hai miles de anos e a súa relación cos concellos limítrofes. Na actualidade estase estudando o Castro de Moreira para, coñecer esta relación.


INFRAESTRUTURAS DE OCIO E TEMPO LIBRE

  • Praia fluvial "A Pena do Inferno" de Naraxa

  • Área recreativa "A Ferrería"

  • Área recreativa "O Pastizal" do Padrón

  • Área recreativa "A Gamalleira" da Fonsagrada

  • Área recreativa e capela de Silvela

  • "A Alameda" da Fonsagrada.

  • Pedras Apañadas (vista panorámica) O Acebo

  • Mirador de Arexo, así como fermosos miradoiros espallados por todo o Concello.



PUNTOS DE INTERESE CULTURAL E ETNOGRÁFICO

  • Museo Etnográfico A Fonsagrada.

  • Ruta do Camiño Primitivo de peregrinación a Santiago. Atravesa o concello.

  • Real Hospital de Peregrinos de Stgo. de Montouto (ruinas). Montouto.

  • Igrexas Románicas (Lamas de Moreira, Vilabol de Suarna, Pobra de Burón).

  • Ruinas da Fortaleza. A Pobra de Burón.

  • O Mazo da Porteliña. A Porteliña.

  • A Fábrica" (restos de antigos fornos de fundición férrea). A Fornaza.

  • Antigo mazo de laminación férrea (ruinas). A Ferrería-Vilar da Cuiña.

  • Pallozas. Pedrouzos, Paradavella, Maderne, Ervellais,...

  • Antigos muíños de auga. Lamas de Moreira, Vilaframil, San Pedro de Neiro, ...

  • Hórreos típicos. Distintas aldeas do concello.




RUTAS DE TURISMO RURAL

Hai 6 rutas estructuradas e sinalizadas, circulares ou en bucle, doadas de facer, incluso a cabalo ou en bicicleta, onde poderemos atopar un resumo do que é o noso fermoso e agarimoso Concello.

Hai outras zonas de interese, para expertos senderistas, como o camiño da Fonsagrada a San Antolín de Íbias a carón do río Lamas-Navia, “feito a mán”, pero sen rematar polo ano 1940. Así como diversos camiños en zonas agrestes e boscosas como : Carballido, Monteseiro, Santestebo, etc. Debido o dificultoso destas rutas, é aconsellable recibir información “in sitú” no propio Concello de A Fonsagrada.