A riqueza natural deste Concello fai sen dúbida destas paraxes un lugar especialmente
apropiado tanto para o disfrute paisaxístico dos seus múltiples hábitats como para a observación de infinidade de especies animais e vexetais no seu estado natural.
Habitan tamén nestas terras numerosas especies endémicas e de especial interese como poden ser : Londra, a pequena e orixinal toupa de río, o leirón careto, o esquío ou o lobo entre os mamíferos, a píntega galega e o lagarto de auga entre los herpetos (anfibios e reptís), todos eles incluidos no Libro Rojo de la Fauna Ibérica a efectos da súa conservación. A Toupa de río tamén coñecida como auganeira, furapresas, augadana, toupeira de auga, rato almiscreiro ou rato de almizcre
Entre as especies vexetais cabe destacar o acevo, o teixo, o escornabois, pero sen dúbida as esplendorosas fragas de carballos e castiñeiros, as que acompañan os ríos ao longo dos seus cursos e os extensísimos piñeirais dentro dos cales se pode sentir e respirar a tranquilidade e a paz que temos roubada polos continuos ruídos dos coches e as máquinas.
É recomendábel visitar a Fraga de Carballido, unha fraga mixta incluída na Red Natura 2000, así como os bosques do Rodil e Maderne. A fraga de Pedra en Freixo, a de Brañela de Pacios, a de Monteseiro e a masa boscosa mixta do Invernal, completan unha amplia gama de posibilidades de gozar dos recursos naturais da Fonsagrada.
Na actualidade estanse a realizar varios estudos sobre as especies e os hábitats que conforman estes lugares na aula da Natureza, “Aula Verde” situada na Granxa, incluída no programa de medio ambiente da Xunta: “Vive ao natural”, que permite visitas guiadas concertadas previamente coa Consellería de medio ambiente.
Sempre respetando a natureza, xestiónanse tamén a pesca e a caza dos animais que comparten connosco o entorno.











