A Fonsagrada é un concello eminentemente rural, no que o sector primario é a base da súa economía, pois ocupa arredor do 50% da poboación activa. Séguelle o sector terciario co 29%, como o que experimentou un maior dinamismo. O sector de menor importancia é o secundario, que se atopa moi pouco desenvolvido. En canto ao sector primario, éste céntrase na gandería e a explotación forestal. Dentro da gandería destaca o bovino, para o que A Fonsagrada conta con abundantes pastos de montaña. O aproveitamento dos recursos forestais é unha importante fonte de ingresos, especialmente tendo en conta que o 75% da superficie do concello está ocupada por superficies forestais. A actividade mineira, noutros tempos de grande importancia, céntrase na actualidade na explotación de pizarras e áridos.
O sector da construción ocupa arredor do 10 % da poboación activa e cóbre a demanda interna do concello en canto á renovación e construción de novas vivendas.
En canto ao sector secundario, a actividade industrial ten menor importancia, destacando. Unha canteira de lousa de unha calidade extraordinaria que se exporta e que da traballo a cen empregados e as pequenas empresas de transformación da madeira, a elaboración de produtos cárnicos, a fabricación de produtos metálicos e a de pensos, así como os talleres de reparación de vehículos.
O sector terciario, o de servizos, foi o que experimentou un maior dinamismo, pasando de representar un 19% da poboación activa en 1991 a un 29% en 1998. O núcleo fonsagradino concentra a maior parte das actividades comerciais e de servizos financeiros e profesionais, así como os equipamentos educativos, sanitarios, administrativos e de esparexemento que cóbre a demanda local.











