Allonca, Santa María de
Os seus habitantes (é a segunda parroquia menos poboada do concello despois de Fonfría) atópanse agrupados en 11 entidades de poboación: A Allonca, A Braña, A Ferrería, Frontal, A Muiña, Pántaras, O Relaio, A Trousa, A Allonquiña e A Travesa.
Arroxo, San Martín de
Conta con 12 entidades poboacionais: Abade, Brancio, O Caleiro, Candelos, Castro de Arroxo, Ervellais, Novío, Río de Bangos, Río de Toxos, San Martiño, Veiga de Arroxo e Vilamaior.
Bastida, San Miguel de
Os seus habitantes atópanse agrupados nas entidades de Bastida, Brañela, Lidín, Pereira, Queixoiro e Xestoso de Palfito.
Bruicedo, Santiago de
Os seus habitantes están distribuídos nas entidades de Bruicedo, Os Carrís (abandonado), Pastoriza, Pin, Rieiro e Souto.
Carballido, Santa María de
A súa poboación (3ª parroquia máis poboada do concello, despois da Fonsagrada e Lamas de Moreira) atópase distribuída en 18 entidades de poboación: A Burela, Carballido, A Graña, Gromaz, Lentomil, Llacín, A Pedreira, A Rebordela, Río de Sabugo, Sequeiro, A Torre, Torviso, A Valiña das Ovellas, A Veiga dos Vinteiros, Vilar de Carballido, Vilar de Calvos, Vilalba e Trevín (é a 2 ª parroquia fonsagradina que conta con maior número de poboacións, despois de Lamas de Moreira).
Cereixido, Santiago de
Conta con 9 entidades de poboación: O Bao, Cereixido, O Pando, Santa Xuliá, Santiso, Souto, O Tabueiro, O Touceiro e O Vilarón. É a parroquia de maior densidade de poboación do concello.
Cuiñas, San Cristobo de
Conta con 12 entidades poboacionais: Aldomán, A Arqueira, Castro, Cuiñas, Fumaior, Lladairo, A Pasadaseca, A Porteliña, O Pando de Cuiñas, San Cristobo e Vales (esta última abandonada).
Fonfría, Santa María Magdalena de
Os seus habitantes (é a parroquia menos poboada do concello) atópanse distribuídos nas entidades de Barbeitos, O Castro, Ferreirous e Fonfría.
A Fonsagrada, Santa María de
Esta parroquia integra as poboacións da Fonsagrada e Vilapiñol. O núcleo urbano da Fonsagrada conta con 1131 habitantes (segundo o Padrón Municipal de habitantes, decembro 1999), que é á vez capital do concello.
Freixo, San Xulián de
Os seus habitantes están agrupados en 16 entidades de poboación: A Eirexa, O Arco, O Barreiro, Carballoguidín, O Castelo, Escamelada, Ferreira de Abaixo, Ferreira de Arriba, Freixo, Foncuberta, A Pedra, A Pereirúa, A Serra, As Travesas, Troncos e Vilanova.
Lamas de Campos, San Roque de
Conta con 11 entidades de poboación: Campos, Fongate, Lamas de Campos, Ortigoso, Pumeda, Vilarchao, Vilarmeán, O Mesón Novo, O Mesón Vello, Tronceda e O Xipro.
Lamas de Moreira, Santa María de
Os seus habitantes convértena na parroquia máis poboada de todo o concello (despois da Fonsagrada), atopándose agrupados en 23 entidades poboacionais (é tamén a que conta co maior número de poboacións): Aldobrén, Barcela, Cabana, Coto de Lamas, Coto de Xunqueira, O Formigueiro, A Gamalleira, Lamas de Moreira, Louxas, Moreira, Paradiñas, Ribón, Sambreixo, Seoane, A Tumbiadoira, Valiños, As Veigas, Vilabol de Abaixo, Vilabol de Arriba, Viladrid, Vilanova, Vilarín do Pontón e Xunqueira. Destaca en Lamas de Moreira o seu templo parroquial, de estilo románico (conta cunha ábsida de considerábel valor), foi reconstruído no século XVIII.
Logares, San Andrés de
Os habitantes desta parroquia atópanse agrupados en 12 núcleos de poboación: Cabanas, As Cancelas, Cerdeira, Cospeito, A Graña de Chao de Fornos, As Lamelas, Lodos, Logares, A Pandela, San Andrés, A Sendiña e Viduedo. O seu templo parroquial atópase situado sobre un outeiro no que, ao parecer, houbo un castro.
Maderne, San Pedro de
Está integrada polas seguintes entidades poboacionais: Castañoso, Liñares de Maderne, Maderne, Murias e Silvachá. Existe nesta parroquia unha grande cantidade de topónimos referenciais a un rico patrimonio arqueolóxico: As Modorras, Os Mouriños, O Castelo, etc.
Monteseiro, San Bartolomé de
Conta coas seguintes entidades de poboación: O Acebo, A Armilda, Cabreira, A Panda, Monteseiro, Palmeán, A Cova, Chao de Leira, Ludeiro, O Navallo, e A Pucariña (estos 5 últimos están abandonados). É a parroquia de menor densidade de poboación do concello. O templo parroquial presenta un retablo maior con ornamentación barroca. No lugar denominado Pena da Ola atopouse no ano 1956 un cofre con 107 denarios romanos, que actualmente se atopa no Museo Provincial de Lugo.
Neiro, San Pedro de
Os seus habitantes están agrupados en 12 núcleos de poboación: Candaído, Legúas, Llancela, Mazaeda, O Mazo de Legúas, Peizais, O Piñeiro, Pradairo, Riotorto, San Pedro de Neiro, Vilarello e Xestoso de Calvos. Na aldea de Mazaeda e nas súas proximidades atópanse varias construcións de carácter civil: A casa de Pasarín (século XVIII) e a casa dos Penamaría.
Pacios, Santa María de
Os seus habitantes están distribuidos nas entidades de Pacios, Brañas, Ferreirola, Leituego, Mourisco e Teixeira. O templo parroquial, sinxelo e austero, presenta no seu interior un retablo neoclásico, o cal foi restaurado recentemente.
Padrón, San Xoán de
O seus habitantes están concentrados en 5 entidades de poboación: Carracedo, Invernal, Montouto, O Padrón e Vilardongo.
Paradavella, San Xoán de
Intégrana as seguintes entidades de poboación: A Calzada, Chaín, Paradavella e O Retiro (sendo así a 2 ª parroquia que conta con menos poboacións xunto con Fonfría, e despois da Fonsagrada. Etimoloxicamente o topónimo "Parada Vella" ou pousada antiga, fai referencia á súa ubicación nunha das dúas rutas xacobeas procedentes de Asturias.
Piñeira, Santa María de
Os seus habitantes atópanse agrupados en 14 entidades poboacionais: A Airexa, A Boucisca, Castañosín, Centigosa, Escouride, Estremeiro, Goxe, Gulpilleiras, O Mido, Monteagudo, Piñeira, Silvadrosa, Teixeira e As Veigas.
A Pobra de Burón, Santa María de
Conta cunha única aldea, que é o núcleo parroquial: A Pobra de Burón, integrado por tres barrios: Entrambasaugas, Milladoiro e O Chao. É a parroquia de maior densidade de poboación do concello.
Río, San Pedro de
Os seus habitantes atópanse agrupados en 12 núcleos poboacionais: Aguiar, Buisán, Castonsa, Crecencia, Escouride, Ferreiros, O Mazo, Monterrío, Redrollán, San Pedro, Sanguñedo e Sudros.
Suarna, San Martín de
Conta con 11 entidades de poboación: Fornos da Cal, Llencias, Paradanova, Penamaior, Rozabragada, San Martín de Suarna, Silvela, Vieiro, Vilagocende, Vilarín de Abaixo e Vilarín de Arriba.
Trapa, San Cibrao de
Os seus habitantes están agrupados en 10 entidades de poboación: Couso, Labeada, O Mesón Novo, O Mesón Vello, Outonais, Penamaría, A Proída do Vale, San Cibrán, A Trapa e Vilalba.
Trobo, Santa María de
Intégrana 14 núcleos de poboación: Arquide, Castañeira, A Chousa, O Mazo de Vilaframil, Noceda, As Pozas, Reboira, Trasouturo, O Trobo, Vilaframil, Vilamaior, Vilar de Vela, Vilarín do Castelo e Vilarxubín.
Veiga de Logares, Santa María de
Os seus habitantes están agrupados en 13 entidades de poboación: Braña, Dradas, Liñares de Vilafurada, Louteiro, Llan, Robledo, San Martín de Robledo, Veiga de Logares, Ventorrillo, Vilagudel, Vilardíaz e Vilarfruxilde. Esta parroquia pertenceu ata o ano 1954 ao obispado de Oviedo.
Vieiro, San Antonio de
Conta con 11 núcleos de poboación: Acevedo, Cerredo, Fontecova, Pacios de Rebolín, Rebolín, Pedrafitelas, Pedrouzos, San Mamede, Vieiro, Vilafrime e Vilar de Sucarral.
Vilabol, Santa María de
Os seus moradores atópanse agrupados en 8 entidades de poboación: Eirixín, Estoupelo, Mirallos, Naraxa, A Retorta, Sancedo, Vilabol e Xegunde.
Vilar da Cuiña, Santa Bárbara de
Conta con 9 núcleos de poboación: Arexo (abandonado), Barreira, Castro de Espiñeira, A Fornaza, Liñares de Vidul, Ludeiro, Miñide, Restrumeiro e Vilar da Cuiña.











